Por mor das obras do interceptor xeral do río Sar, tramo Pontepedriña-EDAR de Silvouta, que a empresa Sacyr está a levar a cabo, o martes 18 de novembro pecharase ao tráfico a rúa Río Arriba durante todo o día.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.