Friday 22 de November de 2024

O grupo riveirense Platinum e o dúo Versus amenizarán este sábado o Malecón co espectáculo ‘Noite Nova’


Este sábado 20 de maio o paseo do Malecón vai servir de escenario para unha nova actividade dirixida á xente moza que, co título de ‘Noite Nova en Riveira’, vai contar coas actuacións do dúo Versus e do novo grupo local Platinum.

Abdón Santos e Martín Silva como promotor e vocalista desta orquestra e Anxo Orellán e Herminia Pouso como concelleiros de Xuventude e Cultura presentaron un espectáculo que arrancará ás 22 horas e terá entre cinco e seis horas de duración.

Platinum naceu o ano pasado e actualmente conta con sete integrantes: catro de ritmo e tres cantantes (dúas femininas e un masculino). Tocarán temas de distintos xéneros, facendo estensible o seu interese a persoas non só mozas senón tamén doutras idades.

Pola súa parte, o dúo Versus está formado por Thais R., finalista de La Voz 2017 e Loren Tevra, guitarrista do coñecido grupo Astarot.

Os comparecentes na presentación de hoxe animaron aos veciños a disfrutar desta atractiva velada musical.