As persoas interesadas deberán apuntarse ata o vindeiro martes na Oficina de Emprego. Serán máis de 600 horas de formación teórico-práctica
A sección de automoción do IES Nº1 de Ordes realizará en breve o curso Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares. Trátase dunha iniciativa pertencente ás accións formativas para desempregados, á cal se poden apuntar a través da Oficina de Emprego ata o vindeiro martes, 23 de maio. O curso é gratuíto e contará con 538 horas teóricas e 80 horas de prácticas.