Friday 22 de November de 2024

Fran Rei abre a programación das Letras Galegas do Concello de Frades, dirixida ao alumnado do CPI Ponte Carreira


Unha sesión de contacontos e maxia a cargo de Fran Rei abriu a programación especial das Letras Galegas 2017 no Concello de Lousame, que un ano máis terá como destinatarios aos alumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira. Unha sesión na que Fran Rei presentou un conto clásico de Carlos Casares, “A Galiña Azul”, que utiliza unha mestura de narración, humor e monicreques para achegarlle aos público infantil o universo que Carlos Casare creara para que a pequena Ana non esquecera nunca que era galega. Unha actuación moi divertida e moi aplaudida polos pequenos, que rematou cun convite a ir á biblioteca a coller un libro.

O programa das Letras Galegas de Frades complementarase durante as dúas próximas semanas. Así, esta semana o grupo de gaites Os Viqueiras (Ordes) ofrecerán un concerto didáctico no colexio: “O Gaiteiro Cabezudo”. E para o venres 26 de maio está prevista a actividade “O Son que me arrola”, un concerto didáctico en galego que a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy impartirá para os nenos e nenas de peescolar e infantil do CPI Ponte Carreira.