Friday 22 de November de 2024

130 ximnastas participan na III Exhibición de Ximnasia Rítmica Ordes


O pavillón Castelao I encheuse esta mañá de ximnastas e de público. O motivo foi a celebración da III Exhibición de Ximnasia Rítmica Ordes, na que 130 deportistas saltaron á pista para dar o mellor de si dentro das modalidades libre, aro, pelota. As participantes estaban englobadas nas categorías minibaby, baby, infantil, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e sénior, dos equipos X.R. Ordes, X.R. Carral, X.R. Oza-Cesuras, X.R. Abegondo e CEIP Pecalama-Tordoia. Entre o público asistente non faltaron Xosé Manuel Rodríguez e Ana Soneira, concelleiros de Industria e Deportes respectivamente. Esta última foi a encargada de entregarlle as medallas a todas as ximnastas, así como un ramo de flores ás adestradoras.