O Concello de Touro celebra o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, cun Concerto das Letras Galegas 2017 da Banda de Música Isabel II mañán sábado, día 13 de maio, ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Touro. O Banda de Música interpretará un repertorio con temas galegos. Están invitados todos os veciños e veciñas e quen queira achegarse para disfrutar da boa múisca. As celebracións continuarán o próximo martes, 16 de maio, co Gran Xogo das Letras Galegas para nenos e nenas a partir de seis anos, actividade impartida por Eduvía na programación de Ler conta moito, e organizada polo Concello de Touro. A través dun divertido xogo por equipos, os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores homenaxeados ata o momento ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano. Será ás 17.30 horas tamén na Casa da Cultura.
Articulos relacionados
A III Feira do Queixo encherá Moeche de sabores e actividades o próximo 18 de marzo
marzo 9, 2018 Comments are off 1184 visitas
O domingo 18 de marzo temos en Moeche a terceira edición da Feira do Queixo. ...
“Rúa a rúa, escoitando”: o PP de Culleredo denuncia o abandono municipal e aposta por solucións deseñadas xunto aos veciños
marzo 15, 2025 Comments are off 0 visitas
∙ Izaskun García: “Non se pode gobernar Culleredo desde un despacho, hai que pisar a ...
San Sadurniño aproba por unanimidade unha Declaración Institucional contra o xenocidio en Gaza
agosto 1, 2025 Comments are off 0 visitas
O Pleno do Concello de San Sadurniño aprobou este xoves por unanimidade unha Declaración Institucional ...
