O Concello da Pobra do Caramiñal elaborou un proxecto para a urbanización e humanización da zona do Lagar, unha das zonas máis importantes do noso concello en canto ao número de habitantes e á densidade de poboación. O orzamento é de 129.818,56€.
Máis en concreto, as actuacións comprendidas serían as seguintes:
• RÚAS GODELLO E CONDADO:
o Construción dun muro de contención.
o Construción de beirarrúas en baldosa hidráulica con bordo de formigón.
o Construción de nove sumidoiros para augas pluviais con reixa de fundición.
o Fresado do firme existente.
o Regularización e nova capa de rodadura con rego asfáltico.
o Rego asfáltico superficial e de selado.
o Pintado de liñas, bordos, pasos de cebra, prazas de aparacamento…..
Con estas obras, ademais da mellora funcional e tamén estéticas das infraestruturas viarias, tanto para o tráfico rodado coma para o peonil, contémplase a eliminación dunha zanxa que, en épocas de choivas, anégase e impide o uso axeitado destas infraestruturas o que leva aparellado molestias para os veciños.
Desde o concello seguimos a traballar para que os nosos veciños poidan gozar dos mellores servizos e as mellores infraestruturaspara que con elo mellore tamén a calidade de vida e o benestar de todos os nosos concidadáns, e este novo proxecto ratifica o compromiso adquirido por este equipo de goberno.