Trátase dunha insólita instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e tres retratos masculinos pertencentes a unha única serie
O Museo de Belas Artes da Coruña continúa a súa programación de 2017 cun innovador proxecto artístico titulado Observadores Observados. Trátase dunha insólita instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e tres retratos masculinos pertencentes á serie Doblemente Vigilados (W-DV), un ambicioso traballo de Roberto González Fernández.
A través dela, o autor establece un diálogo entre os seus lenzos e unha selección de pezas da colección permanente, introducindo así un elemento interesante no propio discurso expositivo do museo que invita ao público a revisitar a colección e a achegarse a ela desde una perspectiva totalmente innovadora.
A presentación da mostra terá lugar mañá venres, 12 de maio, ás 12.00 horas, nas dependencias do Museo de Belas artes da Coruña. No acto participarán, ademais do propio Roberto González Fernández, a directora do Museo de Belas Artes, Ángeles Penas, e o xefe de Coordinacion da Área Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Espada. A instalación poderá ser visitada ata o mes de setembro.