O Concello de Riveira informa de que a Brigada Municipal da localidade estivo traballando ao longo desta semana no acondicionamento do cruceiro de Moldes e o seu entorno logo de que a pasada semana rexistrase un pequeno incendio que provocara algúns danos, entre eles no peto de ánimas que quedou calcinado.
Neste senso, a brigada construíu dúas novas portas de madeira con cristais ademais de limpar a contorna do cruceiro durante estes últimos días.