Terá lugar este domingo a partir das 10.30 horas no pavillón Castelao I
O vindeiro domingo, 14 de maio, o pavillón Castelao I acollerá a III Exhibición Ximnasia Rítmica Ordes. O acto dará comezo ás 10.30 horas e ten previsto rematar ás 11.45 horas aproximadamente. En total participarán cinco equipos: X.R. Ordes, X.R. Carral, X.R. Oza-Cesuras, X.R. Abegondo e CEIP Pecalama-Tordoia. En pista terán presenza arredor de 130 ximnastas qur realizarán exercicios das modalidades libre, aro, pelota, dentro das categorías minibaby, baby, infantil, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e sénior. O acto será de portas abertas para todas as persoas que desexen acudir.