Os alumnos da unidade de día do obradoiro de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Riveira están a proceder nestes momentos á restauración dos bancos do paseo marítimo de Castiñeiras, demais dunha varanda de 300 metros de longo enclavado nesta ubicación.
Os alumnos, cinco en total, están a traballar dende hai unhas semanas baixo a tutela do seu monitor Manuel Casais, tanto na sede da UAD como no propio paseo da parroquia riveirense, desempeñando un labor que non só resulta beneficioso para eles no obxectivo de axudar á súa integración senón tamén para toda a comunidade en xeral.
Outros traballos realizados nestes meses foron a restauración dos bancos de Coroso ou o da embarcación Jalerna pertencente á Real e Ilustre Cofradía da Dorna.