O Concello de Touro celebra o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, cun Concerto das Letras Galegas 2017 da Banda de Música Isabel II o próximo sábado, día 13 de maio, ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Touro. As celebracións continuarán o martes, 16 de maio, co Gran Xogo das Letras Galegas para nenos e nenas a partir de seis anos, actividade impartida por Eduvía na programación de Ler conta moito, e organizada polo Concello de Touro. A través dun divertido xogo por equipos, os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores homenaxeados ata o momento ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano. Será ás 17.30 horas tamén na Casa da Cultura.
Articulos relacionados
A Xunta de Goberno Local aproba a modificación do PXOM que permitirá construír 520 novas vivendas sociais no barrio de Xuxán
septiembre 18, 2024 Comments are off 0 visitas
Tamén se aprobou definitivamente o Mapa estratéxico de ruído co obxectivo de avanzar en medidas ...
Conferencia de Rebeca Cervantes, exemplo da Igrexa máis comprometida, o venres no Castelo
septiembre 10, 2023 Comments are off 0 visitas
Rebeca Cervantes é unha desas mulleres que se foron convertendo en exemplos do catolicismo comprometido, ...
Nova cita co Feirón da Adina no Mesón do Vento
octubre 13, 2016 Comments are off 622 visitas
Terá lugar este sábado durante toda a mañá. Entre os produtos que se poderán mercar ...
