Friday 22 de November de 2024

A Biblioteca Municipal de Fene festexa as Letras Galegas cun obradoiro sobre Carlos Casares


O colectivo Polo Correo do Vento visita este venres, 12 de maio, a B.P.M “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene onde presentará a partir das 18 horas “Os xoguetes de Clío”. Trátase dunha actividade de contos e debuxos baseada na vida e obra de Carlos Casares, o personaxe homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
En “Os xoguetes de Clío”, Enrique Mauricio e Carlos Taboada narran a historia de Carlos Casares, achegando aos/ás participantes pinceladas da obra e vida do autor. No marco desta actividade, coa que a biblioteca de Fene conmemora o Día das Letras Galegas, os nenos/as aprenderán a facer unha caricatura do escritor, guiados polo debuxante Carlos Taboada
A actividade está recomendada para nenos/as a partir de 3 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.