O sábado proxectarase o documental “O que hai que facer para non ir ao mar”, viaxe polo teatro galego no que planea a figura do riveirense Tuto Vázquez
O Auditorio Municipal de Riveira vai albergar esta fin de semana unha dobre proposta dentro da Mostra de Teatro.
Así, o venres ás 21.30 horas, a compañía Malasombra representará “Misión Sapiens”: un espectáculo en que en menos de dúas horas cinco grandes eruditos de diversos campos tentarán , na cabeza dos espectadores, coñecementos básicos de cultura xeral, comportamento e educación, música, libros, películas, deportes, ou mesmo viaxes… quéirase ou non…, polas boas ou polas malas.
E o sábado 15 ás 21.30 horas terá lugar a estrea do documental “O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego”. Uxía e o seu irmán Iago Vázquez presentan neste proxecto unha homenaxe ao teatro galego e aos seus pais Mariajo Mosteiro e o riveirense Tuto Vázquez, o primeiro Padre Casares, actores xa falecidos. Unha viaxe histórica e emocional a través dos compañeiros de profesión dos seus proxenitores, para explorar a historia do teatro galego daquela época, o da segunda metade do século XX.
Charla coloquio
Ao rematar a proxección desenvolverase unha charla-coloquio co director do filme, Iago Vázquez Mosteiro.
Ambas funcións serán libres e gratuítas.