Os integrantes da Tertulia Literaria Tapal de Noia presentaron onte domingo na casa da cultura “Santeiros de Chave” de Lousame o seu espectáculo “Versos de Rosalía para Carlos Casares”, un recital de poemas en homenaxe ao escritor ourensán a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario lousamiá, e durante algo máis dunha hora, os membros da Tertulia Literaria Tapal de Noia, dirixidos por Ana Blanco, recitaron versos da poetisa galega como homenaxe a Carlos Casares.