Friday 22 de November de 2024

37 alumnos europeos visitan o Concello de Cambre dentro do programa Erasmus+


O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, e a concelleira de Educación, Maria Jesús Gómez, recibiron hoxe a 37 alumnos europeos (Finlandia, Catalunya, Alemania e Italia) que participan no programa Erasmus+ que ten lugar no IES Afonso X O Sabio. García Patiño convidou aos estudantes a visitar o patrimonio histórico cambrés e a “ampaparse da nosa cultura”.

Nesta ocasión o centro recibiu a visita de 37 estudantes e oito docentes de centros cos que o centro cambrés está a desenvolver o proxecto Horizon to the Future. Os alumnos abordarán a temática da violencia de xénero, educación pola igualdade e mediación entre iguais.

“O Concello traballa desde hai anos en programas orientados á consecución de da igualdad efectiva e real entre mulleres e homes, a través da planificación estratéxica que contempla actuacións especificas en todas as concellarías municipais. Cambre foi premiado en dúss ocasións consecutivas polo Instituto da Muller e pola FEGAMP pola calidade dos seus programas de conciliación familiar e polos programas desenvolvidos en pro da igualdade e da coeducación nos colexios e institutos”, apuntou o alcalde..

Durante a visita realizarase un amplo programa de actividades relacionadas co proxecto, nas que o alumnado formarase na temática da violencia de xénero, educación pola igualdade e mediación entre iguais, á vez que participan noutras actividades máis lúdicas. Destaca unha conferencia co xuíz Miguel Ángel Filgueira, do xulgado de violencia de xénero da Coruña; así como visitas e actividades no concello, ou a realización dun tramo do camiño inglés ao seu paso por Cambre, obradoiros de música, danza, xogos populares e visitas ao obradoiro de gaitas Seivane e á Fundación Wenceslao Fdez Florez.

Todas as actividades realizaranse en lingua inglesa e o centro espera que, unha vez máis, o alumnado teña a oportunidade de ensinar a súa localidade e compartir con outras culturas a súa forma de vida, así como aprender todos xuntos sobre unha temática común que lles fortaleza competencialmente para o seu futuro.