Terá lugar este vindeiro venres, 12 de maio, de 18 a 20 horas na escola municipal infantil Sorrisos. Levaraa a cabo persoal do Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes
Como educar eficazmente con firmeza e cariño? Esta é unha das múltiples cuestións que se abordará o vindeiro venres, 12 de maio, na xornada A parentalidade positiva que terá lugar de 18 a 20 horas na escola municipal infantil Sorrisos.
Unha sesión especialmente orientada a aquelas familias con menores ata os 3 anos, e que estará dirixida por profesionais do Servizo de Atención Temperá da Mancomunidade de Ordes. As prazas para as persoas asistentes son limitadas e serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición. Esta deberá formalizarse a través do teléfono 981680002, extensión 3.
Para levar a cabo a dita xornada cóntase coa participación de: Mancomunidade de Ordes, Concello de Ordes, Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Fondo Social Europeo.