Constará de 6 sesións entre mañá e o 13 de xuño
Por iniciativa do Centro de Información á Muller (CIM), mañá martes 9 de maio dará comezo un novo Obradoiro sobre Autoestima e Empoderamento dirixido a mulleres.
Será impartido pola psicóloga do CIM Mª Ángeles Pazos Sieira. Desenvolveranse nas aulas do CIM e constará de 6 sesións ata o vindeiro 13 de xuño en horario de 11 a 12.30 horas.
Celebrarase para un grupo máximo de 15 persoas. Aínda queda algunha praza libre e as interesadas poden contactar co CIM a través do número de teléfono 981 874 131.
Os obxectivos da iniciativa son:
1-Coñecer e analizar os conceptos de autoestima e empoderamento
2-Adquirir capacidades técnicas e ferramentas de empoderamento
3-Despatriarcalizar e xestionar as nosas emocións e sentimentos
4-Coñecer novas formas de amarse e de quererse.
5-Empoderarnos para entender que é mellor facer o amor e non a guerra
6-Aprender a sufrir menos e disfrutar máis da forma de vivir como mulleres.
7-Aprender a disfrutar da soidade e da compañía.
8- Coñecer os mitos do amor romántico
9- Aprender técnicas de autodefensa A) autodefensa mental,. B) autodefensa emocional e C) autodefensa verbal. e D) aspectos teóricos da autodefensa física.