O equipo de Hóckey a patíns A.C. Órdenes acadou o bronce no XXXI Campionato de España Júnior, celebrado na Coruña esta fin de semana. Tras un intenso partido contra o Compañía de María, e que rematou en empate, a tanda de penaltis supúsolle este novo recoñecemento dentro do seu palmarés ao quedar o marcador 5-6. Entre os asistentes que non pararon de vibrar con este encontro estivo o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, que felicitou tanto aos xogadores como á directiva e ao cadro técnico polo traballo realizado.