A Masterclass de Zumba que se celebrou esta tarde no Campo da Feira de Ordes xuntou a máis de 200 persoas persoas. Unha convocatoria na que colaborou o Concello de Ordes e que tivo un marcado carácter solidario. A cantidade entregada a Cáritas Ordes cos cartos das entradas foi de 500 euros, unha vez sufragados os gastos de organización. A esta cantidade tamén hai que engadir os máis de 200 quilos de alimentos e produtos de hixiene persoal que se xuntaron grazas á colaboración dos participantes e veciños e veciñas. Cabe sinalar tamén que os comercios locais cederon agasallos que foron sorteados tras finalizar a sesión.
A coñecida instrutora Noelia Modelo foi a principal encargada de marcar as coreografías, acompañada por compañeiras como Blanguer Y. Figuera, Lucía Gómez, Luisa Marina Arufe e Neri Josefina Salazar. A xornada contou con exhibicións de Zumba Kids jr. e Zumba fitness.
Entre os asistentes desta tarde non faltoron os concelleiros de Deportes e Cultura, Ana Soneira e José Manuel Mira.