Saturday 16 de November de 2024

Recepción ao Club de Remo de Riveira polos logros nos certames nacional e galego


O salón de plenos do Consistorio de Riveira foi escenario a unha recepción oficial ao Club de Remo Náutico de Riveira logo dos seus éxitos acadados nos campeonatos nacional e autonómico nas últimas semanas.

O alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro de Deportes Anxo Orellán foron os encargados de oficiar este acto, no que se entregaron obsequios co escudo do Concello ás remeras integrantes do equipo feminino absoluto, que se proclamaron subcampioas de España de bateis en Sestao e campioas galegas; e ao equipo xuvenil, sétimo en Sestao e terceiro no certame autonómico.

Así, foron galardonadas Sandra Sánchez, Sandra Piñeiro, Natalia Tubio, Alexandra Rodríguez, Lara Torrado, Antía Santos, Laura Parada, Laura Martínez, Ana Dieste e Inés Martís, ademais do adestrador e presidente do club, Jesús Silva.