O Concello da Pobra, en concreto, o Monte da Curota acollerá a 3ª proba do Circuíto acunada como ” A Carreira dos 6 cumes” (A Curota: 596 m., Os Forcados: 620m., O Alto da Lagoa/Monte Barbanza: 652m., Alto do Salgueiro: 506 m., O Castelo: 588m., A Curotiña: 512 m.(Saída e meta)).
Seis probas conforman o circuito, sendo as localizacións de Ames, Muros, A Pobra, A Baña, Boborás e Ribeira Sacra as encargadas de dar cabida aos deportistas que tomen parte de cada unha das probas.
A proba será a súa vez Campionato de Galicia de Trail de Montaña 2017.
Contarase con dúas modalidades de percorrido: – Ruta curta de 13 km; – Ruta longa de 24 km.
A saída e meta da proba será desde o mirador da Curotiña, A súa vez celebraremos o Campionato de Galicia de Trail da Federación Galega de Atletismo, que na categoría junior será celebrado na proba curta de 13 km, e no resto de categorías (promesa, absoluto e veteranos) celebrarase na ruta máis longa da xornada
O Trail Galaica corresponde ao Circuíto Galego de Carreiras de Montaña organizado por a Federación Galega de Atletismo.