No marco dos Sábados de Conto na Biblioteca Municipal terá lugar mañá sábado ás 12 do mediodía unha actuación contacontos a cargo de Cris de Caldas. O seu título “A galiña azul e compañía”, na que os asistente poderán coñecer distintas obras de Carlos Casares, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A actividade, dirixida a nenos e nenas con idades de 3 a 12 anos e os seus acompañantes, incluirá tamén un obradoiro de marcapáxinas.