O Concello de Brión abre o prazo de inscrición na Excursión dos Maiores 2017, que terá como destino as Rías Baixas o sábado 20 de maio. A viaxe está dirixida a veciños e veciñas de Brión maiores de 60 anos ou pensionistas de 55 anos, que poderán ir acompañados polas súas parellas. O prezo é de 30 euros por persoas e a inscrición permanecerá aberta ata o xoves 18 de maio na Casa do Concello ou no teléfono 981 887 006.
A excursión inclúe visitas ás localidades de Pontevedra, Combarro, O Grove, Illa da Toxa e Cambados, así como un paseo en barco pola ría dende Combarro, con visita ás bateas e avistamento da illa de Tambo. O xantar terá lugar no restaurante do Hotel Nuevo Astur (Vilalonga-Sanxenxo) e incluirá baile de sobremesa.