Saturday 16 de November de 2024

35 alumnos europeos visitan o IES Afonso X de Cambre dentro do programa Erasmus+


A próxima semana, entre os días 7 e o 13 de maio, no Instituto Afonso X O Sabio terá lugar unha nova actividade dentro do marco dos programas Erasmus+ que se están a desenvolver no centro.

Nesta ocasión o centro recibe a visita de 35 estudantes e oito docentes de centros de Finlandia, Alemaña, Cataluña e Italia, cos que o centro cambrés está a desenvolver o proxecto Horizon to the Future.

Durante a visita realizarase un amplo programa de actividades relacionadas co proxecto, nas que o alumnado formarase na temática da violencia de xénero, educación pola igualdade e mediación entre iguais, á vez que participan noutras actividades máis lúdicas.

Destaca unha conferencia co xuíz Miguel Ángel Filgueira, do xulgado de violencia de xénero da Coruña; así como visitas e actividades no concello, ou a realización dun tramo do camiño inglés ao seu paso por Cambre, obradoiros de música, danza, xogos populares e visitas ao obradoiro de gaitas Seivane e á Fundación Wenceslao Fdez Florez.

Todas as actividades realizaranse en lingua inglesa e o centro espera que, unha vez máis, o alumnado teña a oportunidade de ensinar a súa localidade e compartir con outras culturas a súa forma de vida, así como aprender todos xuntos sobre unha temática común que lles fortaleza competencialmente para o seu futuro.