Será no pavillón Castelao I e participarán preto de 200 deportistas das categorías benxemín e infantil dunha ducia de clubs. A xornada arrancará ás 9 horas cunha rolda de exhibicións
O vindeiro domingo, 7 de maio, arrredor de 200 nenos e nenas das categorías benxamín e infantil daranse cita no Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar. A xornada arrancará ás 9 horas no pavillón Castelao I cunha rolda de exhibicións que durará ata as 10 horas. Inmediatamente despois dará comezo a rolda clasificatoria que se prevé rematará arredor das 14.30 horas. A entrada será de balde para todas as persoas que queiran asistir.
Nesta ocasión os encargados da organización do evento son os membros do club ordense Boudsport, que contan coa colaboración de: Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Concello de Ordes. En total hai que falar dunha ducia de equipos participantes. Estes son: Boudsport (Ordes), Natural Sport Sada, Natural Sport Ribeira, Garrapucho (A Coruña), Wellness Sport (Santiago), Kwon (Betanzos), Center (Oleiros), Dodok (A Coruña), Han´s Horang I (Betanzos), Ozono (Boiro), Maniotas (Noia) e Arte e Movemento (Cee).