Friday 22 de November de 2024

Turismo presenta a súa experiencia de promoción nas primeiras xornadas de viaxes e comunicación, ‘ECOM TRAVELBLOG 14’


Turismo de Galicia participará na mesa redonda ‘A dificultade de crear unha marca’

Turismo de Galicia participou na primeira xornada do evento ‘Ecom Travelblog 14’, que entre reunirá na cidade de A Coruña a representantes das empresas relacionadas co turismo e as viaxes máis senlleiras do momento para debater sobre comunicación turística.

Un representante da Dirección de Promoción de Turismo de Galicia presentou a experiencia do departamento da Xunta encargado de promover o turismo galego no eido da comunicación dentro da mesa redonda ‘A dificultade de crear unha marca turística’, na que tamén participaron un representante do grupo de empresas Nexo e dous expertos na comercialización de negocios turísticos.

Neste foro de viaxes e comunicación, Turismo de Galicia fixo un repaso polas principais campañas de promoción turística de Galicia e o xeito de presentar e difundir os valores turísticos da comunidade galega, facendo referencia aos atributos que constitúen a marca turística Galicia.

Na mesa redonda explicouse tamén á estrutura de Turismo de Galicia e o cometido de cada departamento na ordenación e promoción turística de Galicia e do Camiño de Santiago.

Compañías innovadoras
As xornadas de viaxes e comunicación ‘Ecom Travelblog 14’ comezaron hoxe ás 16,30 horas coa mesa redonda ‘A comunicación desde dentro’, na que participaron representantes das compañías Vueling, NH Hotel Group, RV Edipress e o destino turístico Costra Brava.

Logo, tivo lugar o encontro ‘A dificultade para crear unha marca’, no que participou Turismo de Galicia, e, para rematar a xornada desenvolveuse unha actividade de networking no que participaron varios blogueiros, cociñeiros e profesores de cociña.

Desenvolverase a segunda xornada deste encontro que se abrirá coa mesa redonda ‘O complexo proceso de comunicar no século XII’, na que participarán representantes dos destinos turísticos Asturias e Noruega, do grupo de blogueiros Galicia Travel Blogguers; e do semanario turístico Expresso.

Ademais, terá lugar o encontro ‘A importancia da reputación’, no que participarán representantes das empresas ‘Busco un viaje.com’, Home Away, Bla Bla Car e Trip Advisor.

As xornadas rematarán co relatorio de Yayo Ballesteros, da empresa Room Mate Hotels, e a presentación de conclusións das xornadas.