A actuación do coro de cantareiras Aires da Barbanza da Asociación de Amas de Casa serviu este mediodía para conmemorar o primeiro aniversario do mercado municipal.
As voces das intérpretes soaron na instalación ante a expectación de usuarios e curiosos emprazados no primeiro andar. Entre os asistentes, a concelleira competente en Mercados, Esther Patiño; e o alcalde Manuel Ruiz.