Friday 22 de November de 2024

Manuel Iglesias Turnes presentou en Brión a súa última novela “Que non te aten”


O escritor Manuel Iglesias Turnes (A Baña, 1950) presentou en Brión a súa última novela, “Que non te aten”, nun acto no que estivo acompañado pola historiadora Encarna Otero e por Rosa Romero, concelleira de Servizos Sociais de Brión. Tras desculpar a ausencia do alcalde brionés, Romero agradeceulle a Iglesias Turnes a súa “colaboración coas actividades que organiza o Concello e que fan que practicamente sexas un veciño máis de Brión”.

Neste sentido, Romero agradeceulle ao autor a súa participación no Club de Lectura de Brión, “pois non todos os días ten un a ocasión de debater sobre un libro co propio autor presente”. A novela presentada, “Que non te aten”, está ambientada no mundo rural galego contemporáneo e presenta a vida cotiá e relacións persoais e familiares nas grandes exploracións gandeiras.