Friday 22 de November de 2024

O presidente do Touro SD, Miguel Ángel Iglesias, deixa a presidencia do clube despois de sete anos e destaca o ascenso do equipo de modestos e a boa tempada dos demáis equipos


“Temos un clube saneado, oito equipos en diferentes categorías e unha afección de primeira”, asegura Miguel Ángel Iglesias, quen anuncia que esta será a súa última tempada

O equipo de modestos de Touro Sociedade Deportiva, que milita en Terceira Galicia Grupo 7, certificou o seu ascenso duas xornadas antes de rematar a liga. O pasado domingo disputou na casa, no campo de fútbol de Loxo, o seu penúltimo partido da tempada. Foi contra o Rarís CF, e venceu 8-0. Na última xornada enfrontaranse os dous primeiros clasificados: SD Cruces e Touro SD. Os dous equipos xa non se xosgarán nada porque os dous militarán a próxima tempada na categoría de modestos Segunda Galicia. O domingo a directiva do Touro SD e todo o equipo aproveitaron a tarde de partido para celebrar o ascenso coa afección. O presidente do Touro SD, Miguel Ángel Iglesias, tamén aproveitou para anunciar que deixa o cargo despois de sete anos. “Esta é a minha última campaña”, destacou o máximo directivo do Touro SD, cluble que conta con oito equipos en diferentes categorías (pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, modesto e femenino). Miguel Ángel Iglesias lembra que cando chegou á presidencia, fai agora sete anos, únicamente había dous equipos. “Hoxe o clube está saneado, goza de boa saúde, ten unha afección incondicional que apoia aos equipos, contamos con apoios e temos unhas boas instalacións”, indica a modo de balance.
“A tempada está chea de éxitos”, lembra Miguel Ángel Iglesias. E indica que, por exemplo, os xuveniles quedaron no segundo lugar na categoría Juvenil Galicia Grupo 7. Ainda que na promoción non lograron ascender. Tamén destaca o equipo das féminas. O equipo de rapazas milita Femenino Liga Gallega Segunda Grupo 2. Están clasificadas pola mitade da táboa. “Sendo a nosa segunda tempada é un éxito”, lembra o presidente do Touro SD.
Miguel Ángel Iglesias aproveita a súa despedida para agredecer o apoio que sempre tivo do Concello de Touro, dos afeccionados que sempre acompañaron aos equipos e dos xogadores e xogadoras que integran as oito formacións, así como dos adestradores e directivos. “Sempre nos sentimos acompañados”, apunta o ainda presidente do Touro SD, quen se despide cun “ata sempre” e co lema que xa se fixo tradicional: “Somos un equipo, un, dous , tres Touro”.