A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, visitan en Ferrol o curso Perfeccionamento de técnicas do encaixe de Barjac Ombreé
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro visitaron o curso Perfeccionamento de técnicas do encaixe de Barjac Ombreé impartido pola artesá Pilar Montanos e impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación no marco da súa programación de formación especializada para profesionais do sector artesán.
Esta acción de formación segue a folla de ruta da Xunta para reforzar a formación dun sector artesanal competitivo. O curso de 32 horas de duración, complementa o xa realizado o pasado ano 2016, co que se persegue que as artesás afonden no dominio deste encaixe, así como no emprego dos fíos de contraste, os fíos máxicos, e os diagramas de cores. O curso que hoxe se inicia, rematará o vindeiro día 2 de maio e nel participan dez alumnas.
A colaboración e a formación entre os profesionais da artesanía e unha das áreas de traballo que a Xunta de Galicia desexa impulsar, co fin de conservar o coñecemento dos artesáns tradicionais e promover a incorporación de novos talentos consolidándoo como un sector de prestixio, competitivo e transversal.