O Concello de Lousame organizará unha segunda edición do obradoiro de animación á lectura “Os catro tesouros do gabinete do escribán”, despois do interese suscitado na primeira edición celebrada onte venres, na que se cubriron as vinte prazas ofertadas, tanto de adulto como de nenos. Un obradoiro de aproximación á escritura chinesa que foi impartido por Miguel Ángel García Cortés.
Durante pouco máis de hora e media, o monitor fixo unha pequena introducción á cultura chinesa e a súa escritura, ao tempo que ía debuxando uns trazos cos que representou unha breve historia. Acto seguido tivo lugar un obradoiro práctico de introdución á caligrafía chinesa na que dez nenos e nenas e outros tantos adultos de Lousame tomaron os pinceis para escribiren as súas propias palabras en chinés.