Medio cento de veciños e veciñas de Brión participaron na ruta de sendeirismo entre Serra de Outes e Abelleira (Muros) organizada polo Concello de Brión. Dezaoito quilómetros de dificultade baixa na que os participantes puideron gozar de fermosas vistas da ría Muros/Noia.
O Concello de Brión ten convocadas dúas novas rutas para o vindeiro mes de maio.A próxima terá lugar o sábado 6 de maio ao longo de 22 quilómetros pola costa de Rianxo. A segunda ruta terá lugar o mércores 17 de maio e terá como destino a vila de Allariz, onde se percorrerán outros 22 quilómetros de dificultade baixa.
En ambos casos hai convocadas 50 prazas, que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición, e o prezo é de 8 euros por persoa e ruta. Os participantes na actividade deberán levar comida tipo pic nic para xantar, ademais de calzado e roupa cómodos axeitados. As inscricións deberán realizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08 ata dous días antes de celebrarse a andaina.