Prosegue a Feira da Educación de Riveira e neste segundo día os rapaces con novas e atractivas actividades como concertos, contacontos ou obradoiros de artes plásticas en inglés.
Así, as 270 butacas do salón de actos enchéronse con motivo da actuación “Cantarolas para a xente miúda”, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística; en tanto que na planta alta houbo entre outras propostas un obradoiro de artes plásticas en inglés titulado “Southwestern American Art”, a cargo de Dorothy Finley para alumnos do CEIP O Grupo; ou un contacontos no stand de Amicos titulado “Emociónate con nós”. Ademais, proseguen os obradoiros de robótica da man de We Robots na parte baixa do edificio.
Pola tarde e aberto ao público en xeral, haberá entre outras accións unha actividade lúdico formativa titulada “Separemos ben, reclciaremos mellor”, promovida por Sogama (17 horas), un concerto por alumnado do Conservatorio (18.30 horas) ou a presentación do poemario “Silencio…” de Xabier López Marqués (20 horas).
Día Internacional da Danza
En canto á programación de mañá, hai que destacar a conmemoración do Día Internacional da Danza (dedicado este ano a Jean-Georges Noverre) cunha clase aberta de danza clásica que terá lugar no Auditorio a partir das 17 horas.
Programación do venres
“Coñecemos o noso contorno próximo”
Hora: 10.00-10.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Sandra Fernández, técnica de Turismo fai un percorrido polos fitos paisaxísticos e patrimoniais do Concello
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato
A música e a danza. CPR A Milagrosa
Coreografía contemporánea do alumnado de Coreografía e Música de ESO
Hora: 10.30-10.45 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato
Monólogo de Quico Cadaval.
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato
Presentación “A diversidade como valor nunha comunidade inclusiva”. Mari Carmen González Hermo, psicóloga. Asociación AMBAR
Hora: 12.00-13.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio
Dirixido a mozos e mozas de ESO e bacharelato
“Os sabores de marca Coroso”. Presentación dos produtos alimentarios elaborados no Departamento de Industrias Alimentarias do CIFP Coroso
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos
Obradoiro creativo. Fernando Yáñez
O profesor Yáñez dá a coñecer a obra de Maruja Mallo, homenaxeada no Días das Artes Galegas, por medio da diversión e fomentando o traballo en grupo.
Hora: 11.00-12.00 h
Lugar: Rampla de acceso á planta superior do Auditorio
Dirixido a nenos e nenas de primaria (máx. 25 persoas)
Exhibición de robótica. Alumnado do IES Leliadoura
Hora: 12.00-14.00 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos
Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h
TARDE
Aula aberta de danza da Escola Municipal de Ballet
Hora: 17.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos
MESA.
A educación que queremos. CPR Galaxia
Os profesores Ana Caamaño e Fernando Yáñez presentarán as grandes preguntas que o seu alumnado responde. Estrea da curtametraxe realizada polo alumnado do CPR Galaxia “Mesa”
Horario: 19.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos