Thursday 21 de November de 2024

Arteixo, Riveira e Cedeira darán cabida esta fin de semana á primeira Trivolta a Galicia con tres probas de triatlón en tres días


O novidoso formato terá lugar o 29 e 30 de abril e 1 de maio

Xunto con Arteixo e Cedeira, Riveira será escenario esta longa fin de semana, da celebración dun novidoso formato deportivo que co título de I Trivolta a Galicia, levará o deporte do triatlón a estes tres municipios.

Para falar da orixinal proba compareceron esta mañá na praza do Concello o presidente de Arousa Norte, Adolfo Muíños; o concelleiro de Deportes, Anxo Orellán; e Juan Carlos Matilla e Juan Carlos Brión no nome do Club Natación Riveira, promotor da iniciativa.

O sábado 29 de abril dende as 17 horas terá lugar a primeira proba en Arteixo baixo a modalidade de ‘contrarreloxo super sprint’ (300 metros a nado, 10 kilómetros en bicicleta e 2,5 kilómetros a pé). O domingo 30 en Riveira a partir das 10.30 horas celebrarase a segunda proba baixo a modalidade ‘super sprint’ (750 metros a nado, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé) e, por último, o luns 1 de maio ás 9 horas terá lugar en San Andrés de Teixido (Cedeira) a terceira das probas, esta vez baixo a modelidade olímpica (1.500 metros a nado, 40 kilómetros en bicicleta e 10 kilómetros a pé).

Polo que respecta a Riveira, a proba a nado e a transición terán lugar en Coroso e a proba en bicicleta chegará ata o Malecón nun circuíto de carácter chan moi apetecible para os participantes.

Un cento de participantes
De momento hai inscritos un centenar de triatletas: aínda que non moitos en cantidade –algo que se tratará de incrementar en vindeiras edicións segundo dixo Juan Carlos Brión- si de gran calidade, con especialistas en categoría masculina da talla de Antonio Serrat, Luis Miguel Velázquez, Alberto Castiñeiras ou Martín Carrera; e, en feminina, Camila Alonso, Melina Alonso ou Edymar Brea.

O presidente da mancomunidade Arousa Norte, unha das principais patrocinadores da proba, destacou a idoneidade da cita para amosar o moito que hai na nosa bisbarra e significou o feito que dúas das probas se celebren noutros tantos lugares de peregrinaxe: San Andrés de Teixido e a translatio polo mar de Arousa e Ulla.

Pola súa parte, Juan Carlos Brión manifestou que a intención e sumar novos municipios participantes nas próximas edicións integrando a ser posible concellos das catro provincias de Galicia.