O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e a concelleira de Educación , María Jesús Gómez, desprazáronse ata o Colexio Portofaro para felicitar aos alumnos de Primaria que lograron o primeiro posto no concurso matemático Ligamats, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Escola Rosalía.
Os alumnos: Noa, Eduardo, Teo e Ari, de sexto de Primaria do colexio Portofaro, gañaron a proba en Vigo o pasado día 17 de marzo. O alcalde destacou a importancia do concurso e da participación dos escolares neste tipo de certames educativos.
“O máis importante e que participedes neste tipo de certames, estamos moi orgullosos do voso traballo, sodes un exemplo para todos os alumnos cambreses e para todos nós”, apuntou o primeiro edil.