Saturday 23 de November de 2024

Todo listo para unha nova edición de ExpoOrdes


O Concello habilitará un aparcamento gratuíto de máis de 8500 metros cuadrados en pleno casco urbano. O domingo distribuiranse máis de 3500 quilos de champiñóns na tradicional degustación polos bares. Tamén terá lugar o II Salón Moda & Eventos, a gran feira de artesanía na alameda, así como unha ampla exposición de motos antigas

O Concello de Ordes ultima detalles para inaugurar mañá unha nova edición da súa feira multisectorial e de maquinaria agrícola ExpoOrdes. Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Rural, será a encargada de inaugurar esta nova edición nun acto que dará comezo ás 20.30 horas.

Ao longo dos días 28, 29 e 30 de abril os visitantes poderán contemplar as últimimas novidades e avances de todo tipo de sectores nos 150 postos que se instalarán ao longo de máis de 13000 metros cuadrados de exposición, dos cales 3000 corresponden á carpa instalada no mesmo Campo da Feira. Alimentación, automoción, construción, moble, artesanía, téxtil, medio ambiente, enerxías renovables, acción social, deportes, mecánica, maquinaria agrícola e gandeira, téxtil etc volven a ter cabida na que ven sende dende hai anos a feira máis importante de toda a provincia. Co fin de facilitar o acceso aos milleiros de persoas que cada ano visitan Ordes nestas datas o Concello habilitou máis de 8500 metros cuadrados de aparcamento gratuíto xusto en pleno casco urbano e a escasos metros da zona de mostras

O programa arrancará mañá venres cunha xornada que, como de costume, se lle dedicará aos empresarios e autónomos do municipio. Tras o corte da banda e a apertura do recinto feiral iniciarase o tradicional percorrido polas instalacións e a visita polos postos por parte de toda a comitiva.

Xa a partir do segundo día o público xeral poderá acceder libremente á feira nun horario que vai dende as 10 ata as 21 horas. Entre outras novidades alí poderán visitar o II Salón Moda & Eventos, que nesta ocasión estrea ubicación e se instalará baixo a mesma carpa. En conxunto formarán parte del unha ducia de comercios da comarca que ofrecerán o mellor do seu catálogo de prendas. Outra das novidades pasa pola exhibición de motos antiguas que o Club Clásico Ordes levará a cabo no pavillón Campomaior. Ademais, ao longo de toda a fin de semana máis de 30 postos formarán parte da feira de artesanía que se instalará na alameda de Ordes. Entre outros obxectos e creacións poderanse adquirir pezas de coiro, bixutería, xoiería, abelorios e elementos feitos con madeira, produtos de alimentación, roupa confeccionada con la e gancho para nenos e nenas e adultos, agasallos, patchwork.

Mancomunidade
O sábado a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acadará un protagonismo especial ao dedicárselle a xornada. Ademais da visita ás 13 horas dos prinicipais representantes dos sete concellos que a conforman (Ordes, Frades, Mesía, Tordoia, Trazo, Cerceda e Oroso) o programa inclúe unha degustación gastronómica por parte do Consello Galego de Cooperativas. Como é habitual arredor dunha decena de cooperativas galegas, agroalimentarias principalmente, terán a súa presenza na que xa é dende hai varios anos unha das feiras máis importantes de toda a Comunidade. Entre os asistentes ten confirmada a a súa asistencia Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego. A parte máis festiva e musical chegará á tardiña da man da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo.

O domingo 24 de abril Ordes vivirá a súa xornada máis festiva grazas á XXVIII Degustación do Champiñón. Unha convocatoria gastronómica que se estenderá por todos os bares, restaurantes e establecementos hostaleiros que repartirán de balde tapas e racións con cada consumición. En total serán máis de 3500 quilos deste cogomelo a cantidade da que se dará conta este ano.

Para este días contarase coas actuacións do grupo de gaitas Sementes da Arte, coa Banda de Música de Ordes, ademais da charanga Ruada.com.