O escritor Manuel Iglesias Turnes (A Baña, 1950) presentará a súa última novela, “Que non te aten”, na sala de exposicións municipal do Concello de Brión. Un acto que terá lugar mañá venres 28 de abril, ás 20:30 horas, e na que o autor estará acompañado pola historiadora Encarna Otero e pola concelleira de Servizos Sociais de Brión, Rosa Romero.
“Que non te aten” é unha novela ambientada no mundo rural galego contemporáneo e presenta a vida cotiá e relacións persoais e familiares nas grandes exploracións gandeiras. Unha presentación coa que a Biblioteca Municipal de Brión quere conmemorar o Día do Libro e que está aberta a toda a veciñanza.