Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso organiza unha charla sobre alimentación na terceira idade no marco do programa “Martes Saudables”


O Concello de Oroso organiza o próximo martes 2 de maio unha nova sesión dos seus “Martes saudables”, que nesta ocasión xirará en torno á alimentación na terceira idade. A charla será impartida por Esther Tejo Villamor, enfermeira do centro de saúde de Oroso, que informará aos maiores orosáns sobre as necesidades nutricionais na terceira idade, lles explicará que alimentos deben incluír na súa dieta e exporalles os erros máis frecuentes na alimentación na terceira idade.

A charla terá lugar o martes 2 de maio, de 17:00 a 19:00 horas, no Local da Terceira Idade en Sigüeiro. A participación nos “Martes saudables” é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no teléfono 981 691 478 ou no Concello de Oroso.