Saturday 16 de November de 2024

Enma Argibay, das EDM do Concello de Frades, campioa infantil dos 3.000 metros femininos nas Xornadas de Atletismo celebradas en Riveira


Enma Argibay Domínguez, das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades, proclamouse campioa infantil dos 3.000 metros femininos nas Xornadas de Atletismo en pista ao aire libre organizadas pola Federación Galega Atletismo e desputadas este pasado domingo no Complejo Deportivo A Fieiteira (Riveira). Enma Argibay foi a primeira clasificada da súa proba, cun tempo de 11 minutos e 56 segundos e sacándolle case minuto e medio á segunda clasificada. Tras esta vitoria, a atleta fradense participará no Campionato Provincial, en data aínda por pechar.