Wednesday 27 de November de 2024

A escritora e tradutora Berta Vías Mahou gana a XXVI edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester da Deputación da Coruña


A gañadora, Berta Vías, gañou coa súa obra”Yo soy El Otro” e será publicada baixo ese título, pero foi presentada ao galardón como “Unha vida en la cuerda floja”

A escritora, articulista e tradutora madrileña Berta Vías Mahou foi designada como gañadora da XXVI edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester coa súa obra Protesto. Unha vida na corda frouxa. O xurado reuniuse esta mañá na sede provincial e o presidente, Diego Calvo, anunciou en rolda de prensa o fallo.

A obra, que foi seleccionada polo seu “fortísimo compoñente literario”, debuxa á España dos anos 60 sen caer “nos tópicos”, e fala de asuntos “tan universais como o fracaso e a identidade”, segundo sinalou o xurado.

A escritora, natural de Madrid e con ascendencia alemá, é tradutora de alemán e articulista habitual en xornais nacionais. Ao longo da súa carreira obtivo varios premios, entre eles o Doce Chacón de Narrativa Española na súa oitava edición pola obra “Venían a buscarlo a él”. Agora, Vías Mahou verá editada tamén esta novela e recibirá 25.000 euros da Deputación da Coruña como gañadora do Torrente.
Récord de participación
Nesta edición presentáronse 612 obras, o que supón un récord de participación, 567 en castelán e 45 en galego, xa que se trata dun premio bilingüe. En canto á procedencia, recibíronse ata 144 exemplares do estranxeiro.

Ademais, o xurado seleccionou tamén un finalista, Francisco Romero Fernández, por “El escriba del Bósforo”. Os compoñentes do xurado destacaron a calidade dos participantes. “Este premio gaña en prestixio e en calidade”, indicou José Antonio ponte Far, membro máis antigo do xurado deste premio.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Diego Calvo, indicou tamén as actividades que se están a levar a cabo con motivo das vodas de prata do premio.

Celebración do XXV aniversario do premio
Durante a súa intervención, recordou que este ano se publicou unha antoloxía con extractos das 25 novelas gañadoras do premio e que esta tarde se presentará na biblioteca provincial a obra premiada o ano pasado: “El enigma del convento”, de Jorge Eduardo Benavides.

Ademais, mañá terá lugar un coloquio sobre “Torrente e o cine” no que participará o actor Gabino Diego, protagonista del rei pasmado.

Finalmente, Calvo tamén avanzou que está prevista a publicación doutro libro, “Las ciudades de Torrente”, escrito por José Antonio Ponte Far e que realiza un percorrido a través dos lugares máis importantes onde discorreu a vida do autor.