Friday 22 de November de 2024

Ovidio Rodeiro agradécelle aos inspectores da Consellería de Sanidade o seu traballo en materia de seguridade alimentaria


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro cos catro xefes de área encargados da supervisión e control da seguridade alimentario na provincia da Coruña. Xunto cos xefes de área da Coruña, Santiago, Ferrol e Noia, ao encontro acudiron a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, o xefe do servizo de Control de Riscos Ambientais e a directora técnica sanitaria de incidencias alimentarias.

Rodeiro aproveitou o encontro para pedirlle a todos os presentes que fixesen chegar a súa felicitación a todos os compoñentes da Inspección Veterinaria de Saúde Pública polo traballo que desenvolven ao longo do ano. “Máis aló da vosa función fiscalizadora tendes a responsabilidade de desenrolar un papel didáctico, aconsellando e acompañando aos profesionais da restauración e a alimentación, e ofrecéndolles as ferramentas que necesitan para mellorar o servizo que lle ofrecen aos consumidores”, sinalou.