Un total de corenta veciños e veciñas de Frades, acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, participaron nunha excursión ás vilas de Palencia e Valladolid esta pasada fin de semana. Durante tres días, a expedición realizou visitas guiadas a lugares de interese cultural como a Cova dos Franceses e a Vila Romada da Olmeda (Palencia) ou o claustro do Colexio de San Gregorio e as igrexas de San Pablo e a Antiga (Valladolid).
A maiores, a expedición fradense tivo a ocasión de visitar o Canal de Castilla, que percorreron a bordo dun barco. Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello de Frades escolle Castela e León coma destino desta viaxe, logo do éxito acadado en edicións anteriores con excursións a Asturias, Cantabria, Salamanca e Portugal.