Saturday 16 de November de 2024

‘A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo’ chega a Ordes


‘A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo’ foi o título da obra teatral da que desfrutaron os nenos e nenas na Casa da Cultura de Ordes nesta fin de semana. A cita foi organizada pola Mancomunidade de Ordes a través do Servizo de Normalización Lingüística. O duende Floripondio e e mestra Tomasa xogaron coas letras ante un público que participou activamente neste espectáculo organizado pola Deputación da Coruña, dentro do seu programa de dinamización social do galego Coa lingua fóra. Tras a representación moitos dos asistentes asistiron ao obradoiro no que aprenderon a realizar divertidos e vistosos marcapáxinas. Entre os asistentes non faltou Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes.