A terceira edición da Gala de Patinaxe Concello de Frades reuniu esta fin de semana a un total de 120 patinadoras das escolas municipais de Cerceda, Curtis, Frades e Mesías. Un evento que encheu de público o pavillón polideportivo de Ponte Carreira, que aplaudiron as exhibicións realizadas polas patinadoras nas que amosaron tanto os coñecementos adquiridos ao londo do curso como o nivel acadado.