Friday 22 de November de 2024

Un grupo de veciños e veciñas de Touro participan no curso de cestería para recuperar a tradición dos vellos oficios


Un grupo de veciños e veciñas participaron no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición. O curso foi impartido durante tres meses. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula. Esta iniciativa que recupera as vellas tradicións artesanais comenzou a súa andaina fai xa catro anos. E seguirá no próximo curso, según destacaron os seus organizadores.