Friday 22 de November de 2024

A xuntaza dos maiores terá lugar o 7 de maio


As entradas poderanse adquirir ata o 3 de maio no mesmo Concello
O Concello de Ordes celebrará o domingo 7 de maio a súa xuntanza dos maiores. Ese día está prevista para as 13.30 horas unha misa, seguida do xantar tradicional a partir das 14.30 horas e de baile. Todo isto terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira. Para poder asistir é necesario adquirir ata o 3 de maio como data límite a correspondente entrada. O custo é de 5 € e pódese conseguir, previa presentación do DNI, nas oficinas xerais municipais, situadas na planta baixa do mesmo Concello.