Como non podía ser doutro xeito o Concello de Ordes participou esta fin de semana en Betanzos na feira promocional do Camiño Inglés, organizada pola Deputación da Coruña. A praza Irmáns García Naveira encheuse de postos, música, bailes e showcooquings. Cada concello promocionou a súa gastronomía, artesanía, paisaxe e cultura. No caso de Ordes non faltaron os queiques e os licores artesanais. Ata alí se desprazaron os concelleiros Xosé Manuel Rodríguez e Xosé Manuel Mira. A cita tamén se aproveitou para anunciar a celebración de ExpoOrdes 2017 e a XXVIII degustación do champiñón, que terán lugar esta vindeira fin de semana.