Iglesias asegurou que a colaboración da Deputación é fundamental para que o centro poida manter a súa programación anual
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar estes días un convenio de colaboración co alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, para financiar as actividades da aula de natureza do Museo Etnográfico das Brañas de Valga.
Grazas á achega da institución provincial, que renova esta colaboración por terceiro ano consecutivo, o centro pode manter a súa programación anual de visitas, conferencias, obradoiros e actividades para todos os públicos.
Segundo o texto do convenio asinado estes días, a Deputación achega 46.554,84 euros, o que supón o 80% do custo total do proxecto, valorado en 58.193,55 euros.
A través da axuda provincial, financiaranse gastos de persoal de dous peóns de xardinería e un monitor de tempo libro, así como material divulgativo e didáctico para visitas, exposicións, obradoiros e xornadas.
A actividade desde centro, construído grazas á colaboración entre o Concello de Mesía e a Deputación con cargo aos fondos Leader, inclúe tamén a realización de diferentes cursos de cerámica, conferencias, sesións informativas ou todo o relacionado coa xardinería. De feito, a achega provincial serve tamén para costear os gastos de alimentación e ropoboación da fauna existente.
O convenio, que foi aprobado polo pleno no mes de outubro pasado, ten vixencia ata novembro do ano 2015.