Friday 22 de November de 2024

A III Gala de Patinaxe Concello de Frades reunirá mañá sábado en Ponte Carreira ás escolas de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía


O pavillón polideportivo de Ponte Carreira acollerá mañá sábado 22 de abril, a partir das 16:30 horas, a III Gala de Patinaxe Concello de Frades. Trátase dunha xornada de carácter lúdico-deportivo de carácter non competitivo na que participarán as escolas municipais de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía.

Cada unha das escolas participantes fará varias exhibicións para demostrar os coñecementos adquiridos ao longo deste curso, independente do nivel do alumnado. O Concello de Frades entregará medallas a todas e todos os participantes, así como unha merenda ao rematar a gala. A entrada ao polideportivo de Ponte Carreira é totalmente libre e de balde.